O Chacháchá é un espazo de información e entretemento centrado na comarca lucense da Terra Chá. É un podcast semanal que se publica todos os xoves ás 08:00h e que se escoita cando mellor conveña. Este podcast na Terra Chá está dispoñible nesta páxina web e nas plataformas de audio de Spotify e Ivoox.
Por que un podcast na Terra Chá?
A Terra Chá é a comara máis extensa de Galicia. Por primeira vez, conta cun espazo de radio dixital na Terra Chá. Hai unha gran cantidade de podcasts que tratan diversas áreas como a música, o deporte, a política, as celebridades, etc. Ata o momento non había ningún podcast de noticias na Terra Chá, nin podcast de entrevistas na Terra Chá, podcast de política na Terra Chá ou noticias en audio na Terra Chá.
A cantos habitantes pode chegar un podcast na Terra Chá?
A comarca lucense da Terra Chá ten case 50.000 habitantes censados. Unha cifra similar, por exemplo, aos habitantes da cidade de Ibiza. É certo que na comarca hai máis vacas que habitantes (de aí a imaxe principal). En casos como o concello da Pastoriza, o número de vacas triplica ao de habitantes.
A suma de habitantes sae da poboación dos diferentes concellos que compoñen a Terra Chá. Vilalba é o concello máis habitado da comarca. Case 14.000 persoas viven no municipio que exerce como capital administrativa da Terra Chá. A maiores hai tres concellos que superan os 5.000 habitantes: Guitiriz, Castro de Rei e Outeiro de Rei.
Cospeito, Begonte, A Pastoriza e Abadín teñen máis de 2.000 habitantes. Mentres que superan os 1.000 Xermade e Rábade. O concello máis pequeno que pertence á comarca é o de Muras. Neste municipio viven ao redor de 600 habitantes.
Por que falamos dos concellos de Outeiro de Rei e Rábade nun podcast na Terra Chá?
Outeiro de Rei e Rábade son concellos que pertencen administrativamente á comarca de Lugo. Con todo, a súa orografía, proximidade e estilo de vida son similares aos da Terra Chá. De feito, un dos autores máis prolíficos en lingua galega é de Outeiro de Rei e considérase o ‘Poeta da Terra Chá’. Falamos de Manuel María, homenaxeado coas Letras Galegas 2016.
Entretemento e noticias para un podcast na Terra Chá
Hai unha gran cantidade de contido potencial para difundir noticias e entretemento nun podcast na Terra Chá. Un contido de proximidade e relevancia, que sirva de promoción cultural, comunicación comunitaria, divulgación de novidades e un entretemento localizado. Un exemplo da potencialidade é que a Terra Chá foi usada como temática por diversos artistas para facer cancións.

Historia previa a un podcast na Terra Chá
A historia informativa da Terra Chá remóntase a inicios do século XX. Antes da Guerra Civil xurdiron diversas cabeceiras periódicas. A maioría delas tiñan como orixe Vilalba e eran impresas no concello próximo de Mondoñedo. Tras un período escuro, coa chegada da democracia volveron a proliferar diversos medios de información sobre a comarca. A Voz de Vilalba, Radio Principal Vilalba Cadena Ser, Terra Cha Xa ou El Progreso A Chaira son algúns exemplos.
Fomentar a participación nun podcast na Terra Chá
O Chachachá é unha hora de radio dixital na Terra Chá á semana que fala sobre ti e tamén de nós. Os nosos problemas son comúns e servimos de altofalante para contarllos ao mundo. Este espazo contruímolo entre todas. A vosa opinión e interacción é moi importante.
Necesitamos que a través das nosas redes sociais nos comentedes aquelas circunstancias que vos preocupan. Investigaremos de onde parte o problema e, con voces expertas, planificaremos unha solución para que o responsable se moleste en actuar.
Con todo, teremos tamén un espazo para o entretemento. Entre todos, debemos ser conscientes das posibilidades que ofrece a nosa contorna. Divulgaremos as actividades e os eventos que permitirán alimentar as vosas ansias de pasalo ben.
A pesar de que nos chamamos Chachachá, non somos un baile. Pero si consideramos que un baile pode resumir a nosa forma de actuar. Traballaremos cada tema para conseguir o mellor paso a dar. Facemos nosa a declaración daquela famosa canción dos Gaginete Caligari: “A culpa foi do cha-cha-cha”; na Terra Chá, pola Terra Chá e para a Terra Chá.