Son Iván García Calaza. Nacín en 1995 en Vilalba (Lugo). Dende pequeno interesoume o mundo da comunicación especialmente a locución. En concreto, sempre me gustou a locución deportiva.
Estudei o grao de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela (2013 / 2017).
A miña experiencia laboral está centrada nos medios de comunicación tradicionais. Acumulo cinco anos de experienica en radio (Radio Galega), medio no que tamén traballo na actualidade. Teño un ano de experiencia como redactor nun concurso de televisión (‘Atrápame se podes’). Tamén pasei pola prensa escrita, as miñas primeiras prácticas foron na edición local de ‘La Voz de Galicia’ en Lugo.
Gústame a organización de eventos relacionados co ámbito deportivo. Tamén son afeccionado ao teatro e formo parte dun pequeno grupo que realiza algunhas actuacións anuais.
No meu espazo quería crear unha radio dixital online centrada nun ámbito local. Neste caso o público o que vai dirixido sería as persoas que viven nesa contorna e tamén persoas naturais dese lugar que se atopen vivindo noutras zonas.
A programación principal estaría centrado nun espazo magazine que puidera aglutinar a información local.