WordPress está de aniversario. En 2023 fixo vinte anos. WordPress naceu en 2003 dunha colaboración entre Matt Mullenweg e Mike Little. WordPress xurdiu como resposta á necesidade dunha plataforma de blogueiro máis sinxela.
Mullenweg e Little fixeron evolucionar WordPress para superar as súas limitacións orixinais. Coa súa estrutura en PHP e a súa base de datos en MySQL, WordPress destacou por ser un CMS versátil. Wodpress non só simplificou a creación de blogs. Tamén abriu as portas á construción de sitios web completos. A comunidade de WordPress medrou xunto coa plataforma. Agora consolidouse como a ferramenta líder para xestionar contidos en liña.
As miñas primeiras experiencias con wordpress
A miña entrada no mundo de WordPress comezou nunha páxina web dedicada ao fútbol afeccionado na provincia de Lugo: Futbolinlugo, en 2017. Con todo, a miña experiencia limitábase a crear entradas.
Trátase dun medio con poucos recursos que non está profesionalizado. As miñas funcións no back-end consistían tan só en crear unha entrada nova, engadir textos e imaxes. Si empregabamos a creación de etiquetas H2, H3, etc. e tamén a enlazabamos á propia web e a outras páxinas. A práctica quedaba reducida a un modo afeccionado.
Na cociña de WordPress
Nas últimas semanas puiden comprobar como WordPress ofrece unha entrada accesible para a creación de sitios web. O seu proceso de instalación é sinxelo e permite que quen está a dar os seus primeiros pasos na creación de sitios web poida embarcarse nesta aventura dixital. Coas ferramentas adecuadas, como Elementor, maquetar páxinas convértese nunha tarefa intuitiva, abrindo as portas a unha infinidade de posibilidades de deseños.
Un aspecto destacado de WordPress é a ampla gama de temas dispoñibles. Estes temas, deseñados previamente, permiten personalizar o aspecto do sitio cun simple clic. Escoller un tema axeitado permite que a túa páxina destaque visualmente sen a necesidade de habilidades de deseño avanzadas.
Os complementos en WordPress son como pequenos asistentes que engaden funcionalidades específicas ao teu sitio. Desde formularios de contacto ata galerías de imaxes. A ampla selección de complementos facilita a personalización sen a necesidade de codificación. Explorar o vasto repositorio de plugins é un paso importante para atopar as ferramentas que mellor se axustan a ca
O mundo WordPress tamén destaca pola súa activa comunidade. Foros, titoriais, podcasts recursos en liña fan que sempre haxa axuda dispoñible para aqueles que están a comezar. A posibilidade de aprender de outros membros da comunidade facilita a superación de obstáculos e o crecemento continuo.
En resumo, WordPress ofrece unha porta de entrada amigable ao mundo da creación de sitios web. Aínda que esteas a comezar, a súa interface intuitiva e as ferramentas dispoñibles permiten que cada un poida embarcarse nunha emocionante viaxe dixital. Explorar, experimentar e descubrir o fascinante mundo que WordPress aínda ten para ofrecer.
WordPress converteuse nun poderosos sistema de xestión de contidos partindo dun proxecto blogueiro. Construíndo sobre a súa simplicidade orixinal, evolución para capacitar a millóns de usuarios, permitíndolles crear sitios web únicos e funcionais sen a necesidades de habilidades avanzadas. Unha revolución dixital accesible para todos.